O BNG de Redondela leva a Pleno a problemática do Referéndum en Catalunya.

Publicado por o día 28/09/2017 na sección de BNG,Galicia,Política,Redondela

A poucos días de que o pobo catalán, decida a traverso do seu voto, o seu estatus de nación, ou manterse na estructura estatal española, e ante os graves acontecementos que se están a vivir, o Bloque Nacionalista Galego, presentou unha moción, na que se recolle o apoio do Concello de Redondela.

A traverso do concelleiro, Xoán Carlos González, prantéxase a moción, para que públicamente se denuncie a actitude hostil do goberno central, ademáis do apoio a un proceso libre e democrático, exercido polos cidadáns e cidadás. No texto, recónllense algúns dos acontecementos vividos o pasado 20 de setembro, “reflexo dunha actuación reaccionaria do goberno de Mariano Rajoy. Preténdese dar o apoio ás forzas catalás que defenden o dereito dos cidadáns a expresarse a traverso das urnas.

A deriva dos acontecementos que nas últimas semanas, está asolagando Catalunya, obrigan a un apoio nítido das distintas institucións, entre ellas o Concello de Redondela.

Os acordos que se recollen son os seguintes:

1.- Manifestar públicamente o rexeitamento e condea do Concello de Redondela, á criminalización e xudicialización, así como ao recorte de dereitos e liberdades, que está a levar adiante o goberno español, ante un problema de carácter político.

2.- Instar ao goberno español a respeitar o dereito a decidir do povo catalán como un elemento positivo e democrático, respetando o seu lexítimo dereito a poder expresarse libremente a traverso das urnas, co fin de abrir vías de diálogo para a resolución pacífica e democrática do conflito.

3.- Apoiar públicamenta aos alcaldes e alcaldesas de Catalunya, así como a todas as persoas responsábeis políticas e traballadores e traballadoras públicas, que están sendo investigadas por promover o exercicio do dereito a decidir.

4.- Remarcar a defensa da autonomía local e do autogoberno, sinalando a súa necesidade de protexer a súa capacidade política e de exercicio do goberno, reclamando que se respete a lexitimidade popular reflectida nos acordos destas institucións democráticamente eleitas.

5.- Dar traslado destes acordos á Generalitat de Catalunya, á Federació de Municipis de Catalunya, á Associació Catalana de Municipis i Comarques, á Xunta de Galiza, e aos grupos con representación no Parlamento Galego, nas Cortes Xerais do Estado, así como Goberno do Estado.