O BNG rexeita a compra dun edificio ilegal en Chapela

Tildan a iniciativa de “cobardía política” ao implicar o goberno de Javier Basaos coleitivos, propiciando o enfrontamento parroquial. Os nacionalistas demandas a cesión do actual Colexio Igrexa ao Concello.
Por o 05/09/2017 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela

Dende a organización nacionalista consideran o feito de que o goberno municipal de Redondela, prantexara a adquisición dun edificio ilegal a carón do acceso á autoestrada en Chapela, a traverso do Consello Parroquial, únicamente buscaba “trátase únicamente dunha artimaña”.

O concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González cualifica o feito de “cobardía política, responsabilizando ao alcalde Javier Bas, de todo o que está a suceder en Chapela coa presunta compra”. Recorda que para levala a cabo, terían que estar aprobados os orzamentos, e malia que se trata dun goberno monocor, aínda que a día de hoxe os presentaron. “A Lei permitiríalle ao alcalde invertir ata un millón oitocentos mil euros nesta operación, o dez por cen do orzamento”, resalta.

O concelleiro do BNG considera que ao non presentar a vía pola que se vai financiar a adquisición deste edificio, “trátase dunha estratexia do goberno municipal para enfrontar aos coleitivos, e ante a resposta social que está supoñendo, non sufrir ningún desgaste político”. Rexeita, que se pretenda instrumentalizar a 9.000 veciños e veciñas que avalen a adquisición dun edificio ilegal, tal como se tén manifestado dende o goberno de Redondela. “Os únicos que poden asumir esta responsabilidade son Javier Bas, e os seus oito concelleiros e concelleiras”, considera Xoán Carlos González. Quere deixar ben claro a oposición frontal do BNG á compra dunha edificación ilegal, postura que manifestaron no Consello Parroquial de Chapela.

“O BNG, prantexa como alternativa a cesión do colexio Igrexa tal como recollimos na moción levada a Pleno, o que suporía custe cero para o Concello”, salienta o concelleiro nacionalista. “Con dous mil metros cadrados útiles, máis as vivendas dos mestres e mestras, o Concello tería capacidade económica para levar a cabo unha reforma para albergar locais para as asociacións, para o propio Concello, e mesmo vivendas públicas municipais”, remarca finalmente na súa nota.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.