O BNG de Vigo organiza unha charla-coloquio sobre a crise humanitaria das persoas refuxiadas

Publicado por o día 21/03/2016 na sección de BNG,Política

O BNG de Vigo organiza unha charla-coloquio sobre a crise humanitaria das persoas refuxiadas

O acto terá lugar o mércores 23 de marzo ás 20h na Libraría Cartabón.

Falarán Serafín Otero, Responsábel local, e Ana Miranda, portavoz do BNG

 O BNG de Vigo realizará o próximo mércores 23 de marzo ás 20h na Libraría Cartabón (Urzaiz 125) unha charla-coloquio titulada “Galiza solidaria coas persoas refuxiadas”, na que se denunciará a grave crise humanitaria xerada polo drama das persoas refuxiadas e agravada polas medidas adoptadas pola Unión Europea, como o recente acordo subscrito con Turquía e que colida cos dereitos humanos.

No acto intervirán Serafín Otero, Responsábel local do BNG, e Ana Miranda, portavoz do BNG en Bruxelas. Participará tamén como convidado o fotoxornalista Delmi Álvarez.

Tanto Miranda como Álvarez partillarán a súa experiencia logo da visita a campos de refuxiadas.

PRENSA BNG VIGO