Bo ritmo nas obras de Cruz Vermella que poderán estar rematadas no primeiro trimestre de 2019

Nos vindeiros días haberá que pechar a rúa ao tráfico para abrir gabias nas que se instalarán os servizos. Permitirase o acceso rodado dos servizos e dos veciños.
Por o 10/10/2018 | Sección: Galicia,Pontevedra
Bo ritmo nas obras de Cruz Vermella que poderán estar rematadas no primeiro trimestre de 2019

As obras de reforma do barrio da rúa Cruz Vermella avanzan a bo ritmo. Está practicamente rematada a praza que se creará na saída do centro de ensino do CEIP Vidal Portela, a falta de pavimentar o carril central que, polo de agora, dá servizo á maquinaria pesada que está a desenvolver o proxecto; e a constructora xa traballa na rúa Alvaro Cunqueiro e Irmáns Sobrino Buhigas.

Os concelleiros Demetrio Gómez e Alberto Oubiña visitaron esta mañá o desenvolvemento dos traballos e confirmaron que discurren nos prazos previstos (tiña un prazo de execución de 10 meses), polo que poderá estar rematada a primeiros do ano que vén. Anunciou que nos vindeiros días será preciso pechar ao tráfico a rúa Cruz Vermella xa que haberá que abrir gabias para canalizar os servizos. A pesar do peche, se permitirá o tránsito dos veciños da zona, así como os servizos da rúa.

A empresa que executa a obra é Covsa por un prezo de 1.186.284 euros, incluíndo no prezo as melloras da beirarrúa de Padre Gaite (93.229,61 euros) e a reurbanización da praza da Castaña (61l229,64 euros).

O proxecto de reforma Cruz Vermella inclúe catro actuacións:

• A reforma de Cruz Vermella e de Álvaro Cunqueiro na que se empatará a actuación coa obra xa feita. Gáñase espazo peonil con beirarrúas de máis de tres metros, ordénase o aparcamento nunha única beira da calzada e regularízase o mobiliario urbano. O tráfico a motor terá saída por Salustiano Portela Pazos, cara a avenida de Bos Aires

• Reforma da rúa Salustiano Portela Pazos: Queda en dirección saída do barrio e cámbiase o estacionamento de lado.

• Rúa Padre Gaite: Refaise a beirarrúa enteira e elimínanse os plátanos (xa se retiraron) por ser unha barreira na beira do Pavillón Universitario. Substitúense por novas árbores e ordénase todo o espazo con mobiliario, iluminación, árbores, tránsitos peonís…

• Nova Praza: É a actuación máis ambiciosa e quere prestar atención preferente ao centro de ensino permitindo que os nenos poidan ir sos ao colexio e poidan xogar na rúa. Estará ao carón e detrás do edificio da Cruz Vermella.

• Tamén se lle dá un servizo parecido ao pavillón de deportes e ao centro da Cruz Vermella.

• O acceso e saída á praza será pola rúa Padre Gaite.

 

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.