Bombeiros portugueses rescatan a un home que arrastraba a corrente do río en Arbo

Publicado por o día 25/07/2020 na sección de Arbo,Galicia,Sucesos

Bombeiros portugueses rescatan a un home que arrastraba a corrente do río en Arbo

Unha dotación de bombeiros portugueses sacaron da auga a un home que arrastraba a corrente do río en Arbo.

Malia a caer en zona galega, a auga foi levando á persoa ata o lado portugués onde o recolleu un grupo de bombeiros do país veciño.

Foron varios os veciños que chamaron ao 112 Galicia preto das sete da tarde para pedir axuda, pois o home estaba sendo arrastrado pola corrente e parecía ferido ou mesmo en estado de shock. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediuse a colaboración dos medios portugueses, así como dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron ao lugar a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago co fin de axilizar o traslado en caso que fose necesario.

Con todo, a persoa foi recuperando sen pasar por alto algunhas lesións que presenta nas pernas.

Ademais, para este operativo foi necesaria a intervención da Garda Civil de Tráfico para facilitar a aterraxe da aeronave na PO-405.

Cae por un terraplén en Parada de Sil

Por outra banda, o 112 Galicia rexistrou outro rescate en Parada de Sil. Neste caso, tratouse dunha muller que caeu por un terraplén cando camiñaba á beira do río. A dificultade de acceder á ferida obrigou a activar un operativo de rescate no que participaron os voluntarios de Protección Civil da localidade, así como os membros do GES de Castro Caldelas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.