Bos resultados dos equipos da UVigo de tenis na primeira fase do Campionato galego por equipos

Publicado por o día 20/07/2020 na sección de Galicia,Universidade de Vigo,Vigo

Bos resultados dos equipos da UVigo de tenis na primeira fase do Campionato galego por equipos

Sen case tempo para adestrar despois da volta á actvidade tras a parada ocasionada pola covid-19, os equipos de tenis da UVigo acadaron na primeira fase do Campionato galego por equipos uns grandes resultados, sendo quen de clasificarse para loitar polo campionato nas súas respectivas divisións. O equipo feminino, na división de ouro, a máxima galega, clasificouse no segundo posto do grupo, chegando ás semifinais por segundo ano consecutivo. Pola súa banda, o equipo masculino A, división de prata, clasificouse 1° de grupo, tras gañar todos os encontros, o que lle outorga o pase directo ás semifinais e a loitar por acadar o campionato e o ascenso. Mentres, o equipo masculino B, que acadou o segundo posto de grupo, disputará os oitavos de final o vindeiro 26 de xullo contra o C.D.D.Sanxenxo e tentará acadar o ascenso e o campionato.

Uns grandes resultados que, non obstante, non permitirán, polo acadado ata hoxe, manter as divisións e poder loitar polos títulos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.