Botan veleno pola zona do paseo do Lagares correspondente a Cabral

Por o 06/10/2018 | Sección: Galicia,Vigo
Botan veleno pola zona do paseo do Lagares correspondente a Cabral

Hai unhas horas recibimos una notificación dun veciño de Cabral que alertaba dunha situación incomprensible. Atopabase paseando pola zona do paseo do Lagares correspondente a Cabral cos seus cans onde atopouse con un suposto veleno. Noticiasvigo.es poido constatar e afirmar que é veleno, este veleno é empregado para as pragas de formigas, grilos, chapulines, milpes, cenpés, tixerilla, grilos, alacrán, arañas, grillotopo, gallina ciega, verme de arame, diabroticas, cochinillas e coellos. É un veleno que nas suas indicacións reza que é de liberación lenta do granulado, sen cheiro, de baixa toxicidade, baixo impacto ambiental e fitotoxico.

Aínda que este veleno teña todas esas indicacións pode causar danos nos cans e gatos, danos no seu sistema nervioso, xeralmente a intoxicación por estes compostos cursa con signos de tipo nervioso, como descordinación ao andar, tremores, fasciculaciones, depresión ou agresividade, e moitos máis, como vómitos, salivación excesiva, problemas respiratorios, etc. Todos son signos moi fáciles de detectar, xa que notarás moi anormal á túa mascota.

Se o teu can/cadela gato/gata estivo pola zona se non presenta ningún destes signos, é probable que a inxestión fose menor, pero recoméndase mantelo en observación e acudir á brevidade a un veterinario xa que os signos neurológicos adoitan darse rapidamente cando a inxestión é alta (entre 5 minutos e un par de horas posterior á inxestión), mentres que os dixestivos poden tardar máis, así que debe estar atento ás diarreas e vómitos.

Esta claro que a colocación de dito veleno ten a intención de causar danos aos animais, estes feitos, propios de alguén (CON INSTINTO DEPREDADOR) esta a querer causar alarma social en Cabral e no paseo do Lagares, desde noticiasvigo.es descoñecemos se foi notificada a policía local de Vigo.

Que xustificación pode ter alguén ou que pretenden conseguir estes personaxes sen conciencia con este tipo de actos que so poden causar danos e sufrimento?

Video denuncia de Roberto Varela

Publiée par Roberto Varela sur Vendredi 5 octobre 2018

Comentar noticia

Your email address will not be published.