Bouzas, centro de reunión do kárate infantil vigués este sábado coa súa festa anual

O pavillón municipal Pablo Beiro, en Bouzas, recibe por décimo ano consecutivo a Festa Infantil do Kárate, que este sábado (17:00 horas) reunirá a 280 deportistas, dende categoría benxamín a xuvenil, na súa anual competición por equipos.
Publicado por o día 02/05/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Bouzas, centro de reunión do kárate infantil vigués este sábado coa súa festa anual

Os clubs Shotokan e Okinawa, os colexios Compañía de María e CEIP San Salvador de Teis e o alumnado pertencente ao programa municipal de escolas deportivas concorren a este campionato organizado pola Agrupación Deportiva Zanshin e que o alcalde, Abel Caballero, presentou no Concello.

O rexedor estivo acompañado do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, así como do presidente da AD Zanshin, Fernando Álvarez, de dous dos seus directivos, María José García e Alfonso Rodríguez, e de tres karatecas da Escola Shotokan que disputarán o evento: María Corredeira, Elisa de la Torre e Nerea de Sousa.

Participantes de 4 a 18 anos exhibirán a súa calidade nun evento que encherá as bancadas do pavillón boucense. A competición, de defensa persoal, contará tamén con exhibicións de karate-do e kobudo por cintos negros e instrutores e de tai-chi por alumnos da EK Shotokan.O alcalde animou á cidadanía a presenciar esta espectacular festa do kárate de formación.