Bronce para o clube mosense Archers Team no Campionato de España de Tiro con Arco en Sala

Mónica Ledo quedou terceira o mes pasado en Benalmádena e viña de erixirse campiona de Galicia en 2017
Publicado por o día 06/03/2018 na sección de Galicia,Mos

Bronce para o clube mosense Archers Team no Campionato de España de Tiro con Arco en Sala

O clube Archers Team con sede en Mos conseguiu excelentes resultados no Campionato de España en Sala de Arco Tradicional e Desnudo celebrado o pasado mes de febreiro en Benalmádena (Málaga).

En categoría feminina Mónica Ledo de Archers Team lograba o bronce no seu debut nun Campionato de España.

Desta forma la arqueira do clube mosense finalizou brillantemente un ano de campionatos adicados a sala, que comenzou en 2017 co ouro do Campionato Galego.