Brutal accidente ocorrido esta tarde preto das 21:30h na AP9 á altura de Teis

O vehículo chocou contra o gardarrail e incrustouse contra a mediana tras envorcar. Outros dous mozos foron trasladados ao hospital en estado grave.
Publicado por o día 29/05/2019 na sección de Galicia,Redondela,Sucesos

Brutal accidente ocorrido esta tarde preto das 21:30h na AP9 á altura de Teis

Tres mozos morreron esta tarde-noite nun brutal accidente ocorrido na autoestrada AP-9, ao seu paso por Teis. O Peugeot 207 no que viaxaban 5 persoas en dirección Vigo, perdeu o control do vehículo, para acabar envorcando e encaixado na o mediana, á altura das Torres de Padín.

Como consecuencia do sinistro, os tres ocupantes traseiros (17 anos) faleceron e tiveron que ser excarcerados polos bombeiros.

Tanto o piloto como o copiloto, foron trasladados graves ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Ata o lugar desprazáronse Garda Civil de Tráfico, Bombeiros, 061, Policía Local de Redondela e operarios.

Comentar noticia

Your email address will not be published.