Bueu acolle esta fin de semana a XXII Bandeira de Traineriñas Concello de Bueu

O evento celebrarase o sábado, 29 de xullo, a partir das 17.30 horas no peirao de Bueu.
Por o 28/07/2017 | Sección: Bueu,Deportes,Galicia,Remo
Bueu acolle esta fin de semana a XXII Bandeira de Traineriñas Concello de Bueu

O Concello de Bueu e o Club do Mar de Bueu únense este sábado na organización da XXII Bandeira de Traiñeiras, a que é a raíña do calendario de competicións. Así o salientaron membros da directiva do club na rolda de prensa celebrada esta mañá no Concello, e na que estiveron acompañados do alcalde, Félix Juncal, e do concelleiro de deportes, Manolo Otero.

Así, a partir das 17.30 horas, comezarán a saír as regatas participantes en tres quendas. Na primeira sairán Perillo, Rianxo e Chapela; na segunda, Coruxo, Vilaxoán, Castropol e Amegrove; e na última, a quenda de honra, poderase ver a Meira, Pobra do Caramiñal, Bueu Teccarsa e Mecos – Mondariz.

Tal e como destacan dende a directiva, trátase dun momento moi emocionante, o ecuador da Liga A, e percorrerá a distancia comprendida entre o peirao e as praias de Agrelo e Portomaior.