O Bus Urbano de Mos cumpre un ano e o celebra con melloras

A principal novidade deste plan de optimización é que achegará á veciñanza ata a zona de compras en As Angustias
Por o 07/11/2017 | Sección: Galicia,Mos
O Bus Urbano de Mos cumpre un ano e o celebra con melloras

Recén cumplido o primeiro aniversario do Bus Urbano de Mos, que comezou a operar o 24 de outubro de 2016, dende o Concello anúnciase unha importante mellora do devandito Plan Municipal de Transporte. Así o informaron hoxe a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Mobilidade, Julia Loureiro.

A optimización do Transporte Municipal fundaméntase nas demandas do veciños/as usuarios/as do mesmo e consiste na reducción dos traxectos de xeito que sexan máis operativos e áxiles adecuándose á demanda nas dúas liñas das que consta o Bus Urbano: a azul e a verde.

A partir de agora os horarios do Bus Urbano de Mos incrementaranse ata lograr unha frecuencia de paso polas paradas de cada dúas horas, cubrindo o servizo durante todo o horario matinal e a primeira hora da tarde.

Para esta mellora creouse unha mesa de traballo integrada pola edil mosense de Mobilidade, Julia Loureiro, por un equipo técnico municipal e polo responsable da empresa concesionaria. A este último a concelleira Loureiro dálle unha especial importancia xa que, tal e como explicou esta mañá, “son os conductores dos autobuses os que reciben de primeira man as suxerencias e demandas dos usuarios do Transporte Municipal e, polo tanto, é a empresa a que dispón da información máis directa sobre as necesidades veciñais”.

A principal novidade da optimización do Plan de Transporte é que ambas liñas do Bus Urbano, tanto a azul como a verde, incluirán paradas nas Angustias-Sanguiñeda, para achegar aos viaxeiros ata a veciña localidade do Porriño e ata a zona mosense de supermercados. Esta zona non contaba ata o de agora con servizo, por iso as representantes municipais Arévalo e Loureiro consideran esta “a novidade estrela deste plan de mellora”.

A maiores tamén se reforzará o servizo noutros puntos clave incluídos no Plan Municipal de Transporte como son: Puxeiros-Centro de Saúde, Instituto, Pavillón Óscar Pereiro e Concello. Nestes puntos, que xa se viñan cubrindo, agora ampliaranse rutas, frecuencias e horarios.

O Transporte Municipal mosense comunica as dez parroquias do Concello entre sí, así como con outros municipios da comarca, xa que o Bus Urbano de Mos enlaza tamén coas paradas do Transporte Público de Galicia.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.