Buscan a un nadador de tríatlon portugués que puido afogarse nunha proba no río Miño

A AXEGA activa o ARIEM 112 para a busca dun participante dunha proba de Triatlon desaparecido no río Miño, en Tomiño
Publicado por o día 01/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Tomiño

Buscan a un nadador de tríatlon portugués que puido afogarse nunha proba no río Miño

A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), a través do CIAE 112 Galicia, ven de activar o protocolo de colaboración transfronteriza no caso de emerxencias, ARIEM112, para tratar de localizar a un participante dunha proba de Triatlon que se celebraba no embarcadeiro de Goián, en Tomiño.

Ás 17:30 horas desta tarde, efectivos de Protección Civil de Tomiño daban conta do suceso ao 112 Galicia. A partir dese momento, púxose en marcha un dispositivo de busca. Participan ademais dos efectivos de Protección Civil da localidade, a Garda Civil, os Bombeiros de Baixo Miño, o GES da Guarda, Salvamento Marítimo  e o Servizo de GardaCostas de Galicia. Tamén se alertou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Pola parte portuguesa, atópanse na procura bombeiros voluntarios de Vilanova de Cerveira, mergulladores e unha embarcación da Comandancia Naval do Miño.