C. B. Seis do Nadal – Coia, campión da Copa Federación da 1ª división preinfantil masculina

Publicado por o día 23/05/2017 na sección de Baloncesto,Deportes,Vigo

C. B. Seis do Nadal – Coia, campión da Copa Federación da 1ª división preinfantil masculina

O equipo Preinfantil Masculino, Autocares González Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, adestrado e dirixido por Diego Montenegro e Carlos García, proclamouse equipo campión do Grupo A-2, Copa Federación, da Liga 1ª División Preinfantil Masculina da presente tempada 16/17.

O noso equipo rematou a competición na primeira posición do Grupo A-2, tamén chamado Copa Federación, cun balance de dez vitorias conseguidas nos dez partidos disputados neste grupo. Os equipos do Sigaltec (Vilagarcía Arousa) e Básquet Coruña ocuparon a segunda e terceira posición da táboa.


O Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, xunto á Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, Concepción Martíns, foron os encargados de entregar o trofeo e as medallas que proclamaron ao equipo campión da Copa Federación da Primeira División Preinfantil Masculina.