O C.B. Seis do Nadal – Coia, campión da liga 2ª Div. júnior feminina

Por o 30/05/2016 | Sección: Baloncesto,Deportes
O C.B. Seis do Nadal – Coia, campión da liga 2ª Div. júnior feminina

O conxunto Júnior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia proclamouse campión da Segunda División Júnior Feminina o pasado sábado 28 día de maio do 2016 na final da competición disputada en Santiago de Compostela.

O equipo adestrado por Andrés Álvarez conseguiu o Ascenso a Primeira División quedando primeiro clasificado do Grupo Sur da Fase de Ascenso da Liga Segunda División. A final disputouse ante o primeiro clasificado do Grupo Norte, o Star Center (Ferrol), e o equipo do Seis do Nadal – Coia levouse a vitoria cun marcador final de 40-59.

Desta forma, e tralo Ascenso a Primeira División conseguido fai dúas semanas, o Júnior Feminino do club remata da mellor maneira posible a presente tempada, proclamándose campión da Liga 2ª División da Federación Galega de Baloncesto.