O C.B. Seis do Nadal – Coia organiza a fase final A4 da 1ª división infantil feminina 2015/2016

O Pavillón de Navia acollerá esta fase con dúas prazas para o Campionato de España en xogo
Publicado por o día 18/05/2016 na sección de Baloncesto,Deportes

O C.B. Seis do Nadal – Coia organiza a fase final A4 da 1ª división infantil feminina 2015/2016

O Comunygal Seis do Nadal buscará unha das prazas ás 12:30 horas ante Peleteiro

O Comunygal Seis do Nadal rematou no segundo posto da Fase Regular

O club Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará o próximo sábado 21 de maio do 2016 no pavillón de Navia a Fase Final A4 Pizza Móvil Infantil Feminina da presente tempada 2015/2016.

Os catro equipos que participarán nesta Fase Final A4 de categoría infantil feminian son o Comunygal Seis do Nadal (Vigo), Pío XII Rosalía Fedesa (Santiago), Bosco Salesianos (Ourense) e Peleteiro (Santiago); segundo, terceiro, cuarto e quinto clasificado da Primeira División respectivamente.

A competición disputarase no pavillón de Navia baixo o seguinte horario:

Fase Final A4 Infantil Feminina: sábado 21 de maio

(10:30 horas) Pío XII Rosalía – Bosco Salesianos (Semi 1)

(12:30 horas) Comunygal Seis do Nadal – Peleteiro (Semi 2)

(18:30 horas) Ga̱ador Semi 1 РGa̱ador Semi 2

Nesta fase estarán en xogo dúas prazas para o Campionato de España de clubs de categoría infantil feminina, permitindo así que os dous equipos vencedorse das semifinais accedan a unha praza do nacional de clubs.