O C.B. Seis do Nadal – Coia sumouse á loita contra a violencia de xénero

Publicado por o día 26/11/2017 na sección de Baloncesto,Deportes,Galicia,Vigo

O C.B. Seis do Nadal – Coia sumouse á loita contra a violencia de xénero

O combinado Sénior Feminino de Primeira Autonómica, en representación de tódolos equipos do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, sumouse á loita contra a violencia de xénero no Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Antes do partido de Primeira Autonómica disputado no pavillón de Sárdoma o sábado día 25 de novembro do 2017, as xogadoras e adestradores do Syngenta Seis do Nadal e do CLB (Vilagarcía de Arousa) e o equipo arbitral do encontro xuntáronse para apoiar e sumarse á loita contra a violencia de xénero.