Caballero aborda con Xulio Ferreiro o desenvolvemento das áreas metropolitanas

Por o 21/12/2016 | Sección: A Coruña,Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Caballero aborda con Xulio Ferreiro o desenvolvemento das áreas metropolitanas
Compartir en:

O alcalde e o seu homólogo coruñés mantiveron este mércores en María Pita unha entrevista de cortesía na que trataron sobre as áreas metropolitanas e o proceso desenvolvido por Vigo para constituír a súa.

Ademais falaron do “momento de revolución municipalista” que impulsa Caballero dende a FEMP, con avances en política social como a prohibición dos cortes de enerxía ás familias por razóns de pobreza, o problema do teito de gasto “en vías de se resolver” ou a posibilidade de que os municipios empreguen o superávit que “levaremos adiante”, segundo expuxo o rexedor olívico.