Vigo sumouse un ano máis á celebración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller -que se conmemora o 25 de novembro -. Nesta ocasión, Abel Caballero participou no acto principal será o venres 23 no pavillón de As Travesas onde uns 2.000 estudantes de secundaria formarán un tapiz humano e no que difundirán mensaxes contra a violencia machista. Outra das accións será unha exposición colectiva que desde hoxe ata o 28 de novembro estará na rúa Peonil do Calvario. Son corenta lonas doutros tantos centros educativos e cada unha delas denuncia un micromachismo.
En declaracións aos medios Caballero lembrou que en 2013, o Enlaza Vigo recibiu un premio nacional de Boas Prácticas, concedido pola FEMP e pola Delegación do Goberno contra a Violencia de xénero. Rematou subliñando o esforzo do Concello en loitar contra a violencia machista e lembrou que Vigo financia na practica totalidade o Centro de Emerxencias que atende a mulleres maltratadas de toda Galicia.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.