Caballero advirte de que o plan de tráfico en colexios é “prioritario” para o goberno de Vigo

Co inicio de curso este luns entra de novo en vigor o plan de tráfico nas entradas e saídas aos centros, con espazos reservados para deixar e recoller a escolares en horas establecidas
Publicado por o día 12/09/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

Caballero advirte de que o plan de tráfico en colexios é “prioritario” para o goberno de Vigo

Co inicio de curso este luns entra de novo en vigor o plan de tráfico nas entradas e saídas aos centros, con espazos reservados para deixar e recoller a escolares en horas establecidas. O alcalde anunciou tolerancia nos primeiros días para despois ir pola “vía coercitiva” se é preciso, para garantir a “seguridade” do alumnado e a “fluidez” da circulación.

Este luns, co inicio do curso escolar en Infantil e Primaria, comeza de novo a funcionar o plan municipal de tráfico nos colexios de Vigo e o alcalde advertiu que é “prioritario” para o goberno que preside e que se optará pola “vía coercitiva” se é preciso para facelo cumprir.

Impulsado polo Concello o pasado curso, o plan de tráfico reserva espazos nas inmediacións dos colexios para que os vehículos, nos horarios de entrada e saída, poidan parar a deixar e recoller aos alumnos. A iniciativa funcionou “moi ben”, explicou Caballero, no pasado curso e advertiu que agora se será tolerante durante os primeiros dous ou tres días de colexio para despois pasar a empregar a “vía coercitiva”, pola “seguridade” do alumnado e pola “fluidez” da circulación.

Abel Caballero fixo estas declaracións este luns despois dunha visita á Escola de Educación Infantil Monte da Guía -que o curso pasado obtivo tres premios pola súa “acción no respecto ao medioambiente”- polo inicio do novo curso. Para este ano escolar arrancan en Vigo 24.000 alumnos de Infantil, Primaria e Especial: cerca de 7.400 en Infantil, algo máis de 16.500 en Primaria e 233 en Educación Especial.