Caballero agradece a elección de Vigo como sede do congreso científico de bioestatística

O alcalde participou este luns no Mar de Vigo no acto de benvida da 38ª “Annual Conference of the International Society for Clinical Biostatistics”, congreso científico de carácter internacional que promove o intercambio de teoría, métodos e aplicacións de bioestatística en investigación biomédica.
Publicado por o día 10/07/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero agradece a elección de Vigo como sede do congreso científico de bioestatística

Abel Caballero agradeceu á organización a elección de Vigo e eloxiou a función investigadora dos presentes, procedentes de case medio centenar de países.

Este Congreso está a ter lugar en Vigo, desde o día 9 e ata o 13 de xullo, un encontro científico que reúne na cidade a máis de seiscentos profesionais da investigación bioestatística.