O alcalde de Vigo visitou esta mañá ás dependencias da Garda Civil e da Policía Nacional para agradecerlles o seu traballo “excepcional” na loita contra o lume e na ordenación da cidade durante as horas nas que os incendios asolaron a nosa cidade. Caballero trasladoulles o recoñecemento de toda a cidade pola unha implicación que en moitos casos foi máis aló do deber, con axentes que antepuxeron a seguridade das persoas por riba da súa propia.
Cualificou de “reconfortante” saber que Vigo conta co compromiso “inestimable” de ambos corpos de seguridade, unha cooperación que permitiu que Vigo estivera á altura das circunstancias nos peores días que se recordan na cidade. Aseguroulles que a cidade está en débeda con eles e brindoulles o aplauso de todo Vigo.
Noticias de última hora en Vigo