Caballero agradece o “sentido común” da cidade e advirte de sancións “aos poucos que non son cívicos”

Publicado por o día 31/03/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero agradece o “sentido común” da cidade e advirte de sancións “aos poucos que non son cívicos”

Abel Caballero explicou que a Policía Local de Vigo continuou esta fin de semana cos controis a condutores e viandantes para velar polo cumprimento do Real Decreto que regula o estado de alarma. A fin de semana saldouse cun balance de 94 persoas denunciadas: 56 na xornada do sábado e 38 máis, o domingo. A cifra total desde o 16 de marzo ascende a 463 denunciados.

No relativo aos vehículos, o sábado foron inspeccionados 115 condutores e o domingo, outros 182, elevando o total da fin de semana aos 297. Os axentes dispuxeron algúns controis fixos, como en Urzáiz, onde os 42 coches parados cumprían cos preceptos recollidos no estado de alarma.

“A cidade se está a comportar ben, con racionalidade, cordura e con sentido común”, constatou Caballero, quen, ademais da felicitación, volveu advertir de que se continuará a sancionar “aos poucos que non son cívicos e poñen en perigo a súa vida e a dos demais”.

Desinfección

O alcalde felicitou e agradeceu o traballo de desinfección que diariamente acometen os efectivos de limpeza e tamén os Bombeiros en “practicamente toda a cidade”. O servizo de Bombeiros encargouse este domingo das inmediacións de centros sanitarios e asistenciais: Povisa, o Fremap de Pizarro e os centros de saúde de Nicolás Peña, Pintor Colmeiro, López Mora, Coia, Navia, Sárdoma, Bembrive, Lavadores-Barreiro, rúa Cuba, Casco Vello, Doblada, Bolivia-Pizarro, Rosalía de Castro e Teis.

Xunto aos Bombeiros, o operativo especial de desinfección diaria está conformado por catro brigadas de dúas persoas cada unha que realizan quendas de mañá, tarde e noite con remolque, sulfatadoras e baldeadoras.

Os equipos de desinfección traballan en toda a cidade, tódolos barrios e parroquias: Montero Ríos, Areal, Casco Vello, Praza Compostela, Praza Estrela, Santiago de Vigo, escaleiras Cruz Vermella, Reitorado, Soportais Berbés, prazas de abastos de Travesas, Bouzas, Teis, Calvario, Progreso, Cabral e Berbés; Hospital Povisa, Fátima, Ambulatorios de Tui, Pintor Colmeiro, Navia, Nicolás Peña, Teis, Lavadores, Centro saúde López Mora, A Doblada e rúa Cuba, Praza do Rei e Casco Vello de Bouzas. Amais, as quendas comprenden os centros comerciais Gran Vía, Travesía e Corte Inglés, Praza España, Rosalía de Castro, García Barbón, Urzáiz (paseo peonil), Gran Vía entre Praza España e Urzáiz, Pizarro, Avenida Madrid hasta Salgueira, Jenaro de la Fuente, prazas de Fernando Católico e Isabel a Católica, os centros comerciais Alcampo Coia, A Laxe, Camelias, Coia 4 e Praza Elíptica. Tamén se está desinfectado nas rúas Zamora, Barcelona, Zaragoza, Colón, Policarpo Sanz, Alfonso XII, Elduayen, Príncipe, Venezuela, Camelias, Porta do Sol, o ambulatorio de Rosalía de Castro, Florida, Fragoso, Castrelos, Balaídos, Portanet, Teixugueiras e transversais, praza América, Pi y Margall, López Mora, Torrecedeira, Hispanidade, Coruña, Castelao, Praza Independencia, rúa Lalín Tomás Alonso e Avenida Atlántida, Gregorio Espino, Martínez Garrido, Ramón Nieto, praza IES Castelao, Aeroporto hasta Cantabria e zona de paxaros, Sanjurjo Badía, Aragón, Travesía de Vigo, García Barbón, Buenos Aires e Avenida de Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.