Caballero: “Agradezo o esforzo da cidade, estamos torcendo o pulso ao virus, pero temos que seguir perseverando”

Abel Caballero agradeceu este luns en rolda de prensa o bo comportamento da cidadanía viguesa durante as actuais restricións derivadas da pandemia do Covid-19. O alcalde indicou que os datos apuntan ao optimismo, pero advertiu de que “temos que perseverar máis que nunca”.
Publicado por o día 23/11/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero: “Agradezo o esforzo da cidade, estamos torcendo o pulso ao virus, pero temos que seguir perseverando”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lanzou este luns un mensaxe de optimismo á cidadanía ante a actual situación de crise sanitaria. O rexedor sinalou que os datos apuntan a que a pandemia do Covid-19 está a retroceder na área, pero tamén advertiu de que é necesario continuar mantendo as medidas de seguridade e precaución.

“A cidade está realizando un grande esforzo, o quero agradecer tamén á hostalería, porque estamos torcendo o pulso ao virus, lentamente, pero aínda queda camiño”, sinalou Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

Engadiu tamén que hai resultados para a esperanza, tanto polo anuncio das vacinas como da baixada na incidencia de contaxios. “Estamos tendo boas novas, xa hai un plan para as vacinas, comezamos a ver a luz no horizonte, temos que perseverar máis que nunca”, apuntou.

Axudas de emerxencia

Por outra banda, o alcalde informou de que a comisión do pasado xoves concedeu outras 22 axudas de emerxencia por importe de 1.814,03 euros -a semana pasada foron en total 17.871,23 euros para atender a 120 familias- e desde marzo son 10.733 achegas por importe de 1.476.307,6 euros.

Albergues

Ademais, a día de hoxe hai aloxadas 74 persoas sen teito. No Albergue municipal de Marqués de Valterra están ocupadas as 38 prazas e na Fundación Santa Cruz hai 12 persoas, mentres que outras 24 foron derivadas a hostais e hoteis. O alcalde tamén destacou que a Unidade de Rúa funcionou toda a fin de semana e trasladou ao Hospital Álvaro Cunqueiro a unha persoa localizada na rúa con síntomas de contaxio.

Controis da Policía Local

Durante a fin de semana a Policía Local tamén levou a cabo controis, nos que foron identificadas 366 persoas e 544 vehículos. Os axentes realizaron 43 propostas de sanción.

Vallas para centros escolares

Por último, o alcalde lembrou que o Concello entregará a partir de mañá 170 vallas máis aos colexios que o solicitaron para poder adaptar os seus espazos ás novas medidas sanitarias. En total, o goberno local xa cedeu 470 vallas a un total de 35 centros escolares e 4 escolas infantís.

Comentar noticia

Your email address will not be published.