O Concello de Vigo recibiu este mércores o visto e prace do departamento provincial de Costas para a cesión de espazos que permitan a recuperación de gran parte da fachada marítima de Vigo. “Trátase dun dos grandes obxectivos da cidade, unha das grandes recuperacións de Vigo”, apuntou Abel Caballero.
O alcalde de Vigo mantivo unha xuntanza co director provincial de Costas, Enrique Fernández Menéndez, na que chegaron ao acordo para a cesión do Paseo de Bouzas e o tramo entre a núcleo boucense e Samil. Ademais, houbo entendemento para recuperar a praia da Punta cun novo espigón, a rampla da praia da Mourisca (Museo do Mar), a pasarela do Vao a Toralla e o permiso para cubrir as pistas de Tenis de Samil.
“Non quero perder tempo, a situación das praias e paseos marítimas de Vigo está desbloqueada despois de sete anos”, explicou Caballero en referencia ás trabas do anterior Goberno de Mariano Rajoy.
En primeiro lugar, o rexedor destacou a cesión durante 75 anos prorrogable outros 75- do paseo de Bouzas, desde a praia ata a ponte. “Mantemos que a parte voladiza do paseo de madeira é de Vigo, non queremos amputar partes da cidade e propuxemos que todo o paseo competencia de Bouzas pase ao Concello con todas as súas competencias”, indicou.
De Bouzas a Samil
O alcalde tamén avanzou que Costas está de acordo coa concesión de 75 anos para que o tramo desde Bouzas a Samil sexa responsabilidade do Concello, xa que aogra ninguén encárgase do mantemento.
Ademais, o Concello solicitou que se reconstrúa o espigón que se penetraba no mar e separaba a praia da Punta, en Teis, das instalacións da ETEA para así poder acometer a rexeneración do areal. “Desde que son alcalde teño o obxectivo de recuperar a praia de A Punta, que da servizo a todo Teis, pero ten un problema, non ten area, e agora podemos solucionalo”, dixo.
Museo do Mar
Outro dos proxectos que se desbloquearon na reunión foi a demandada reparación do acceso á praia de Mourisca desde o Museo do Mar, en Alcabre. “Debe levar así catro anos”, indicou Caballero. O Concello encargarase de confirmar que non existen impedimentos arqueolóxicos que bloqueen a reparación e Costas refará o acceso.
Na xuntanza, Caballero tamén conseguiu o compromiso de Fernández Menéndez para que repare a pasarela de madeira do Vao que leva ata Toralla e logrou o apoio de Costas ao proxecto para a cubrición das pistas de tenis das instalacións de Samil.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.