Caballero amosa a súa “satisfacción” pola evolución do proxecto da Cidade da Xustiza

O rexedor participou esta mañá na constitución da mesa de coordinación entre administracións para facer un seguimento do proxecto desde “a cooperación”.
Publicado por o día 03/11/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

Caballero amosa a súa “satisfacción” pola evolución do proxecto da Cidade da Xustiza

Caballero, quen amosou a súa “satisfacción” confiou en o traslado da Cidade da Xustiza ao edificio do Hospital Xeral “estea rematado en 2019 coa excelencia coa que está a ser proxectado”.

O alcalde de Vigo amosou esta mañá o seu “agrado e satisfacción” pola evolución do proxecto de traslado da Cidade da Xustiza ao edificio do antigo Hospital Xeral.

No día no que se constituiu a mesa de coordinación entre administracións para facer un seguimiento desde “a cooperación”, Caballero salientou que os prazos que se manexan -rematar en 2019- son razoables e reiterou “todo o apoio do goberno local”. Destacou a ventaxe de que o arquitecto gañador sexa Alfonso Penela e avanzou que O proxecto encaixa perfectamente coas propostas previstas nas axudas europeas que Vigo recibirá a través do DUSI.