Caballero anima a ler aos escolares de Teis participantes no proxecto “Apadriñamento lector”

Abel Caballero achegouse este xoves ata o CEIP San Salvador de Teis, onde comezou unha proposta na que alumnado do IES de Teis fan lecturas teatralizadas aos escolares do colexio, co acto central no parque da Riouxa.
Publicado por o día 30/05/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero anima a ler aos escolares de Teis participantes no proxecto “Apadriñamento lector”

Abel Caballero achegouse este xoves ata o CEIP San Salvador de Teis, onde comezou unha proposta na que alumnado do IES de Teis fan lecturas teatralizadas aos escolares do colexio, co acto central no parque da Riouxa. 

O alcalde en funcións eloxiou a proposta e animou aos escolares á lectura e tamén a probar o exercicio da escritura. No CEIP San Salvador de Teis, decenas de alumnos participaron na presentación do “Apadriñamento lector”.

Por terceiro ano, o alumnado do IES de Teis leva adiante este proxecto no colexio San Salvador, con lecturas teatralizadas para case que un cento de nenos e nenas de Infantil e Primaria. As lecturas teñen lugar no parque da Riouxa con contos en galego, castelán e inglés, e tamén algúns en linguaxe de signos.