Abel Caballero eloxiou esta mañá aos promotores da VII Carreira contra o cancro que xa é unha cita consolidada dentro do calendario deportivo da cidade. O próximo 20 de outubro toda a cidadanía está invitada a participar en Coia nun evento solidario que destina os seus fondos a financiar o proxecto OCTOPUS, contra o cancro do pulmón, e a realizar actividades cos nenos oncolóxicos do hospital Álvaro Cunqueiro.
Un ano máis, estableceranse dúas modalidades de carreira, unha de 5 km, non competitiva e que se pode facer camiñando, e outra, de 10 km (cronometrada e con premios), incluída no programa municipal de carreiras populares RUN RUN VIGO.
As inscricións poden formalizarse online en www.vigocontraelcancer.es ou de xeito presencial na planta de deportes de El Corte Inglés. A data tope é o 17 de outubro, sempre que non se chegue antes a 5.000 inscritos (número de participantes máximo).
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.