Caballero anima aos emprendedores para continuar creando estruturas produtivas como “motor esencial de progreso”

As XIV Xornadas “Vigo ante o seu futuro” da Fundación Provigo analizan o papel dos viveiros e aceleradoras.
Publicado por o día 11/03/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero anima aos emprendedores para continuar creando estruturas produtivas como “motor esencial de progreso”

A creación e consolidación de empresas e, especialmente, o papel dos viveiros e as aceleradoras de proxectos, é o tema sobre o que versaron as XIV xornadas “Vigo ante o seu futuro”, organizadas pola Fundación Provigo e celebradas esta mañá.

Abel Caballero destacou na inauguración o “papel esencial” que desenvolveu Vigo desde fai máis dun século na creación de empresas. “Os nosos devanceiros xa foron capaces de entender que o motor principal do progreso é a industria e actualmente temos que continuar coa creación permanente de estruturas produtivas e en primeira fila da dimensión do 4.0”, afirmou o rexedor.

Caballero lembrou que en Vigo hai nada menos que 43.000 actividades económicas “e isto sinala o importante nivel de especialización da cidade”.

Albino Rodríguez, director xerente de Provigo, valorou pola súa banda o importante papel dos emprendedores “como motor económico e social da cidade”, polo que aplaudiu o “despregamento de iniciativas públicas e privadas para xerar o ecosistema adecuado para a creación de novos negocios, que son os viveiros e as aceleradoras de empresas”.

Nas xornadas participaron promotores dalgunhas das iniciativas máis importantes na cidade como son a Axencia Galega de Innovación, o Consorcio Zona Franca de Vigo e Inova Labs.

Comentar noticia

Your email address will not be published.