Caballero anima aos municipios a sumarse “a esta onda imparable de concellos acolledores”

O presidente da FEMP estima que os refuxiados do buque “Aquarius” que se quedarán en España serán “una cantidade moito menor a 600” e indicou que xa son máis de 350 os municipios que ofreceron acollemento.
Publicado por o día 20/06/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero anima aos municipios a sumarse “a esta onda imparable de concellos acolledores”

Abel Caballero aclarou en rolda de prensa que das 620 persoas que viaxaban no buque, “un número significativo quere ir a Francia”, posto que o seu lugar de orixe é a cultura fracófana. Ademais, os menores de idade (preto dun centenar) e algunhas mulleres quedarán en Valencia. Como resultado disto, indicou “aínda non se sabe” cantos dos refuxiados permanecerán en España e terán que ser distribuídos polos concellos acolledores, se ben será “unha cantidade moito menor de 600”.

En canto aos concellos que amosaron a súa vontade acoller, Caballero dixo que xa superan os 350. Respecto a Galicia, agradeceu8 a todos os gobernos locais que lle trasladaron a súa vontade, como Pontevedra e Santiago, así como as deputacións de Pontevedra e Lugo, aínda que precisou que “vota de menos algúns concellos”. Aproveitou para lanzar a estes municipios “unha mensaxe amigable” aos que faltan para “que se unan a esta onda imparable de concellos acolledores”.