Caballero anima aos vigueses a coñecer este sábado o Vigo máis literario da man de Ledicia Costas

Abel Caballero e Carmela Silva presentaron esta mañá o roteiro literario da Deputación, que este sábado chega a Vigo coa escritora Ledicia Costas como guía excepcional. A escritora, Premio Nacional de Literatura Infantil, realizará un percorrido partindo da súa obra ” Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”
Por o 13/09/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Caballero anima aos vigueses a coñecer este sábado o Vigo máis literario da man de Ledicia Costas

O roteiro permitirá aos participantes coñecer o Vigo máis literario partindo da obra de Costas “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”. Tal e como describiu a propia escritora, o percorrido partirá da fortaleza do Castro e pasará polos escenarios vigueses da novela e polos lugares que sabemos que pasou Xullo Verne nas súas dúas visitas a Vigo, finalizando na Praza da Constitución. “É moi bonito introducir Vigo nunha novela que non sabes onde vai chegar e ver logo que acaba nos fogares de nenos e maiores de todo o mundo”, asegurou Costas.

Caballero animou a gozar das “sensacións extraordinarias” que ofrece a literatura e encomiou esta iniciativa que permite coñecer o “Vigo real e o literario” e que está a ter moi boa acollida.

As 50 prazas que hai para o percorrido xa están cubertas pero é posible anotarse na lista de espera por se hai baixas.

Na presentación participaron tamén a tesoureira da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Marta Dacosta, o deputado Xosé Leal e a concelleira Nuria Rodríguez.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.