Caballero anima á cidadanía a participar na terceira Ruta de Pinchos das Travesas

O alcalde de Vigo participou este xoves na presentación dunha nova edición da Rutas de Pinchos As Travesas, que comeza mañá venres, 2 de xuño, e conclúe o domingo, 18 de xuño.
Publicado por o día 01/06/2017 na sección de Concello de Vigo,Vigo

Caballero anima á cidadanía a participar na terceira Ruta de Pinchos das Travesas

O alcalde invitou este xoves á cidadanía viguesa a achegarse ás Travesas para probar as tapas da terceira edición da Ruta dos Pinchos da zona, con prezos desde un euro. Abel Caballero eloxiou esta “experiencia extraordinaria” dos comerciantes da zona, que procuran amosar a “capacidade gastronómica” dos seus establecementos.

O obxectivo desta proposta gastronómica é atraer aos cidadáns ás Travesas e reforzar o comercio e a hostalería da zona. Os trípticos se adquiren nos comercios asociados e ten tres “bonos pinchos” cos que probar tres tapas de tres locais distintos para conseguir os selos. Unha vez conseguidos tres selos, o cliente poderá depositalo nas urnas instaladas en cada establecemento e entrar nun sorteo dunha fin de semana no Hotel Talaso Atlántico.

O tríptico fará as funcións de rueiro e de papeleta de voto para premiar ao mellor pincho da ruta, en base ao seu sabor, presentación e orixinalidade.