Caballero anima a toda a cidadanía a participar na II Marcha Ciclista Popular polos montes de Vigo

Caballero presentou este martes a segunda edición dunha marcha que sirve como colofón as actividades desenvoltas polo Concello de Vigo para o fomento do uso da bicicleta. Terá lugar este domingo, 9 de xullo, nos montes de Zamáns

Caballero presentou este martes a segunda edición dunha marcha que sirve como colofón as actividades desenvoltas polo Concello de Vigo para o fomento do uso da bicicleta. Terá lugar este domingo, 9 de xullo, nos montes de Zamáns.

O alcalde, acompañado polos representantes da asociación A Golpe de Pedal e de Montes de Vigo, deu conta da celebración da segunda edición desta marcha que terá lugar este próximo domingo 9 de xullo nos montes de Zamáns. Estas marchas teñen como obxectivo o fomento da utilización do uso da bicicleta como elemento recreativo, a potenciación duns hábitos de vida saudables e a posta en valor do patrimonio medioambiental de Vigo.

A marcha dará comezo as 11 da mañá dende o Parque Forestal de Zamáns. O circuíto polo que se desenvolverá ten una lonxitude total de 11 quilómetros, dividido en dous tramos: un primeiro cunha lonxitude de 5 quilómetros e cunha dificultade baixa, pensada para aqueles ciclistas con menos experiencia, e outro tramo de 6 quilómetros cunha dificultade media.

Tal e como explicou Jose Manuel Suárez, presidente de A Golpe de Pedal, “tratase dunha actividade lúdica e cultural, xa que ademais da propia marcha ciclista programáronse diferentes actividades para os mais cativos que se levarán a cabo no Parque Forestal de Zamáns”, polo que é unha actividade apta para todas as idades. Suárez quixo agradecer o apoio recibido polo Concello de Vigo nesta e noutras iniciativas como A Pedaliña, que fan de Vigo “unha cidade cada vez máis amable coa bicicleta”.

Pola súa banda Uxio González, presidente de Montes de Vigo, indicou que como novidade con respecto a edición anterior, ademais da actividade lúdica e deportiva, se suma unha actividade cultural e etnográfica polo que os participantes poderán visitar varios muiños existentes na zona e recibirán unha explicación da historia de cada un deles. González destacou que esta actividade que “é unha forma extraordinaria de dar a coñecer uns dos tesouros máis importantes da nosa cidade, os nosos montes, non sería posible sen a implicación do Concello e a do propio alcalde, que quero recoñecer de forma expresa”.

As inscricións pódense realizar ata o mesmo domingo a través da páxina web www.agdpvigo.net ou ben o meso día unha hora antes do inicio da marcha.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

ciclismoconcello de vigoII Marcha Ciclista PopularMpntes

SIGUENOS EN TELEGRAM