Caballero anuncia auga para 75 días e Aqualia para 25

Abel Caballero trasladou que desde este mesmo venres se vai establecer un caudal ecolóxico de 150 litros por segundo nos encoros de Vigo, unha cifra que garante subministro de auga para 75 días. O rexedor tamén anunciou o acordo coa Xunta no convenio para a execución de emerxencia do transvase desde o río Verdugo.
Publicado por o día 03/12/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero anuncia auga para 75 días e Aqualia para 25

O alcalde de Vigo informou este venres se establece un caudal ecolóxico de 150 litros por segundo nos encoros de Eiras e Zamáns, unha “moi boa nova” que, unido ao volume de auga embalsada, garante 75 días de subministro.

Caballero amosou a súa “satisfacción” polo axuste do caudal, pois se atende unha petición de Vigo, ao tempo que viu unha “mágoa” que esta medida non se adoptara cando o propio alcalde o solicitara -no mes de outubro-, pois hoxe as reservas de auga darían para trinta días máis. Con todo, o alcalde de Vigo insistiu en solicitar a colaboración cidadá no aforro de auga, xa que a situación de seca é “límite”.

En declaracións aos medios, o alcalde tamén anunciou o acordo no contido do convenio entre o Concello de Vigo e a Xunta de Galicia para a execución de emerxencia dun transvase de auga desde o río Verdugo ata Eiras. O executivo autonómico aceptou as melloras técnicas propostas polo Concello no borrador de convenio para a súa tramitación pola vía de urxencia.

Segundo o acordo acadado, o Concello abonará o 80% dos 5,5 millóns que se estima custará a obra, polo 20% da Xunta de Galicia. Caballero recordou que a competencia na materia é autonómica e lle correspondería á Xunta o pago íntegro da obra ao afectar e beneficiar a varios municipios, mais é un tema “vital” polo que o Concello suplirá a “ausencia” de calquera administración, concluíu o primeiro edil.

AQUALIA

Pola súa banda, poucas horas despois do anuncio do alcalde, Aqualia viña a desdecir as súas palabras, asegurando segundo publican no día de hoxe diferentes medios de comunicación dixitais de Galicia, que só habería auga potable para 25 días e é que unha cousa é que exista auga para máis días e outra moi distinta, que poida chegar a potabilizarse. Ao dispoñer de tan pouca auga, a mesma adoita estar embarrada, provocando que non sexa apta para o consumo, por iso, a pesar do anuncio do alcalde asegurando auga pola densidade de litros existentes para 75 días, a crúa realidade é que só quedan reservas para menos dun mes, mentres Caballero e Feijóo se culpabilizan entre eles, todo fai indicar que non chegará neste tempo grandes choivas.