Caballero anuncia máis vixilancia policial e pide colaboración cidadá para frear a pandemia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este martes que con motivo da entrada da cidade no nivel 2 de alerta laranxa pola crise sanitaria do Covid-19 ordenará reforzar a vixilancia policial. “O comportamento cidadá cada vez é mellor, así o informa a propia Policía, e imos a intensificar a vixilancia porque isto vai moi en serio”, sinalou o rexedor.

Distancia social, máscaras de protección e hixiene de máns, ademais de moita “prudencia e cautela”. Esta son as recomendacións lanzadas polo alcalde aos cidadáns ante a entrada da cidade en alerta laranxa. O rexedor apuntou na súa conferencia de prensa telemática que e necesario seguir mantendo a distancia social.

“Fago unha recomendación a todos os cidadáns, precaución e cautela, deben manter sempre posta a máscara, tamén nos locais de hostalería cando non se consume; é necesaria a distancia social e a hixiene de mans, así como a ventilación de lugares pechados, sabemos que é un arma eficaz”, sinalou.

O alcalde asegurou en que as reunións familiares e de amigos teñen un “altísimo risco” de contaxio e apuntou que cada vez o comportamento colectivo é mellor, con practicamente ningún botellón nas rúas e con vixilancia permanente.

Información da Xunta de Galicia

Ademais, Caballero insistiu de novo en que é “imprescindible” contar con información por municipios, especialmente na actual situación de incremento de casos, para actuar contra o Covid-19 dunha forma “moito máis eficiente”, por exemplo, na desinfección ou na atención de Policía Local e Protección Civil. En cambio, lamentou o rexedor, o Concello de Vigo carece de información oficial da Xunta de Galicia, nin sequera a correspondente á area sanitaria viguesa, o que definiu como “opacidade” por parte do goberno autonómico.

“Toda a miña colaboración coas autoridades sanitarias, non vou a discutir as decisións, pero necesitamos todos os datos porque isto trátase de salvar vidas e de protexer á xente, son o alcalde da maior cidade de Galicia e teño que tomar decisións, polo que esixo datos numéricos todos os días”, dixo.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario