Caballero aplaude a iniciativa da Gran Bikedada, este domingo, con medio milleiro de ciclistas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a celebración este domingo da cuarta edición da Gran Bikedada, “un evento deportivo ciclista da maior importancia”, resumiu o rexedor, e que sairá da zona do Náutico ás 9:00 horas para chegar ata o encoro de Eiras, en Fornelos de Montes, e voltar ao seu punto inicial.
Por o 17/02/2017 | Sección: Concello de Vigo,Vigo
Caballero aplaude a iniciativa da Gran Bikedada, este domingo, con medio milleiro de ciclistas
Compartir en:

O alcalde lembrou, entre bromas, que entre os máis de cincocentos ciclistas inscritos hai “xente nova que está empezando” como Óscar Pereiro, Álvario Pino ou o profesional Delio Fernández, e cualificou a proba, non competitiva, como “unha gran acción deportiva moi consolidada e con moita forza”.

Na rolda de prensa, xunto ao alcalde e ao concelleiro de Deportes, Manel Fernández, estiveron hoxe presentes Ezequiel Mosquera, Rubén Pérez, pola asociación de comerciantes da zona Náutico, e os presidentes da Federación Galega de Ciclismo, Carlos Muñiz, do C.C. Vigués (Carlos Vidal) e do C.C. Teis (José Antonio Ramos), todos eles colaboradores da proba.

A Gran Bikedada, unha marcha para bicicleta de montaña, ofrece tres posibilidades, dende os 42,2 quilómetros da ruta de medio fondo e os 64,4 da de fondo aos 94,6 quilómetros do percorrido de gran fondo. A proba ten tamén unha componente social pois axuda a un proxecto solidario da Red Concordia na aldea Magdalena, en San Agustín de Acasaguastán (El Progreso, Guatemala).

A organización explicou que o domingo haberá na saída 512 participantes que xa coñecen que esta é unha proba dura, con dificultades e lama en Pazos de Borbén e Fornelos, e consolidada”, na que “van rodar como posesos”.

José “Xagarós”, coordinador responsable da organización, tamén valorou o anuncio municipal feito hai uns días dun gran carril bici en Vigo. “A perspectiva é inmellorable e vai ser moi importante para avanzar na difusión da bicicleta. A calidade de vida da cidade vai asociada á bicicleta”.