Caballero aplaude a organización dun torneo de minibasket como acto previo no Memorial Quino Salvo

“Unha sesión continua”. Deste xeito definiu o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o programa do II Memorial Quino Salvo, que comeza o sábado pola mañá cun torneo de minibasket e remata o domingo co partido Obradoiro-Barcelona (12,15 horas) nas Travesas.
Por o 30/08/2017 | Sección: Baloncesto,Concello de Vigo,Deportes,Galicia,Vigo
Caballero aplaude a organización dun torneo de minibasket como acto previo no Memorial Quino Salvo

Caballero acudiu hoxe á presentación oficial do II Memorial Quino Salvo de baloncesto. Diante do museo Marco, o rexedor, concelleiros, organizadores, representantes de clubs que participan no torneo de minibasket e patrocinadores privados fixéronse a foto de familia á espera dunha fin de semana “moi intensa con actos sociais e deportivos” en torneo ao memorial, anunciou Caballero.

O torneo de minibasket do sábado pola mañá en Praza do Rei ocupou parte da intervención do xefe do goberno municipal. No torneo feminino van participar Seis do Nadal, Compañía de María, Colexio Mariano, Salesianos, Celta e Porriño. No masculino, Novobasket, Seis do Nadal, Salesianos, García Barbón, Porriño e Marín.

Para o alcalde, este evento que mobilizará a 200 nenos e nenas supón “a promoción da cidade vista dende a nosa óptica do deporte de base. Estamos empeñados en promoverlo e levalo adiante”.

O alcalde, que definiu os actos do memorial como “a sesión continua de cando de pequeno ía ao cine toda a tarde”, lembrou que estas accións son “combinacións de momentos emotivos e do baloncesto. Algúns aprendemos moito de Quino Salvo a través destas accións deportivas e humanas, das condicións de xogador, de deportista ou a súa inmensa fortaleza moral e física que o converteron nun modelo de forma de practicar deporte. E esta é unha parte importante do que queremos seguir transmitindo.

Ademais, Caballero quixo “resaltar ao grupo de amigos que é a Asociación Quino Salvo, que colectivamente forma parte dese músculo civil tan importante da cidade. Vexo en vós o mellor desta cidade”, manifestou.

Mónica Salvo, unha das fillas do xogador, falou en nome da familia para subliñar que “estamos moi emocionados porque pasou un ano xa e vemos que el segue estando tan presente”.