Caballero aposta pola acción sindical defensa dos dereitos dos traballadores

Publicado por o día 16/02/2017 na sección de Concello de Vigo,Sindicatos,Vigo

Caballero aposta pola acción sindical defensa dos dereitos dos traballadores

O alcalde asistiu á apertura das Xornadas da Comisión Europea de Sindicatos, que abordarán a súa acción internacional coordinada no sur de Europa para manter un posicionamento común e evitar medidas depresivas dos salarios e das condicións de traballo indebidas.

Caballero celebrou que o encontro se realizara na cidade contando coa presenza dos secretarios xerais de CCOO e UXT e representantes portugueses de “altísimo nivel” e reclamou acción sindical para evitar o dumping.