Caballero apunta a importancia de visibilizar as enfermidades mentais

Publicado por o día 25/05/2017 na sección de Concello de Vigo,Salud,Vigo

Caballero apunta a importancia de visibilizar as enfermidades mentais

No inauguración da I Xornada Galega de Enfermería de Saúde Mental, organizada por AEESME no Edificio Municipal do Arenal, Abel Caballero felicitou aos profesionais deste ámbito sanitario polo seu labor diario e amosoulles o seu afecto e respecto polo traballo que desenvolven cunhas doenzas que “ata hai moi pouco tempo se ocultaban”.

O alcalde destacou a importancia de facelas visibles para avanzar na súa abordaxe e tratamento. Ademais, deu a benvida a Vigo a todas as persoas asistentes e convidounos a gozar da estadía nunha cidade “hospitalaria e extraordinaria”.