Caballero augura o éxito de Navalia 2018 e reitera o seu compromiso de colaboración

O alcalde eloxiou esta mañá o traballo dos organizadores da Feira Internacional da Industria Naval de Vigo, unha cita bianual que volverá ao Ifevi en maio de 2018. Antes de presidir o Comité Executivo de Navalia, o rexedor vaticinou o éxito deste encontro, unha vez que o sector empezou a superar a crise económica e o ataque do tax lease.
Por o 15/06/2017 | Sección: Concello de Vigo,Naval,Vigo
Caballero augura o éxito de Navalia 2018 e reitera o seu compromiso de colaboración

O alcalde felicitou este mediodía aos membros do Comité Executivo de Navalia 2018 polo traballo que realizan ao fronte dun evento que volverá ser un éxito na súa edición na súa sétima edición. Antes de presidir o Comité Executivo, Caballero cualificou a feira como a base da industria naval e da súa auxiliar en Vigo, unha parte fundamental da economía local.

Na súa intervención, o alcalde avanzou que o sector está nunha senda de crecemento, logo de empezar a recuperarse da crise e do ataque do tax lease. O rexedor rematou vaticinando que a próxima edición será “mellor aínda que a anterior” e reiterou a vontade do Concello de cooperar con este importante encontro internacional.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.