O rexedor trazou a visión do urbanismo que defende o goberno local durante a inauguración dunhas xornadas organizadas polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Tal e como avanzou, o próximo plan xeral virá rexido por un concepto de cidade habitable, pensada para as persoas -e non para os promotores-, con espazos de participación cidadá.
Respecto á redacción do documento, Caballero criticou a demora da Xunta en comprometerse a pagar o 50% da elaboración, logo de ser os culpables da anulación do PXOM e de non aceptar a vía Parejo como solución. Na súa opinión, a intencionalidade da Xunta é frear o desenvolvemento urbanístico de Vigo.
Noticias de última hora en Vigo