Caballero compromete o apoio ao “proxecto excepcional” do equipo Uvigo Motorsport

A escudería da Universidade de Vigo, nacida na Escola de Enxeñería Industrial, presentou este luns o seu novo vehículo de Fórmula 1 co que competirán no campionato europeo interuniversitario.
Por o 31/07/2017 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Motor,Vigo
Caballero compromete o apoio ao “proxecto excepcional” do equipo Uvigo Motorsport

Abel Caballero dirixiuse aos integrantes do equipo e aos responsables universitarios para reiterar o compromiso municipal con este “proxecto apaixonante e excepcional que nos enche de satisfacción porque cremos en vós”, adiantando que “aumentará a achega” á iniciativa.

O rexedor puxo en valor o feito de que o monopraza de Fórmula 1 fose deseñado e construído “polos alumnado na súa totalidade” a quen lles transmitir todo o “respecto e cariño do Concello” e agradeceu a colaboración privada no proxecto.

Na presentación do monopraza, realizada no centro da cidade, estiveron presentes o reitor da Universidade, Salustiano Mato, o director da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo, Juan Enrique Pardo, Pedro Cuesta, director de Marketing e Comunicación de UVigo Motorsport e Juan Villar, Juan Villar, líder do equipo.

Con este vehículo, Uvigo Motorsport participará, por terceiro ano, no Proxecto Fórmula Student, a competición interuniversitaria automobilística más importante de Europa á que concorren cada ano, centros de universidades de todo o mundo.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.