Caballero convocará aos alcaldes dos municipios que se abastecen da agua de Eiras para falar da seca

O alcalde acudiu esta mañá a Augas de Galicia para trasladar o “gravísimo” problema que está a atravesar a área de Vigo con motivo da seca. Tal e como avanzou nunha rolda de prensa previa, a continuación, Caballero trasladará aos alcaldes dos municipios abastecidos desde Eiras as conclusións deste encontro.
Publicado por o día 20/11/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Medio Ambiente,Vigo

Caballero convocará aos alcaldes dos municipios que se abastecen da agua de Eiras para falar da seca

Caballero viaxou hoxe luns a Santiago para explicar en Augas de Galicia o “gravísimo” problema que está a atravesar a área de Vigo coa seca que está sufrir nestes últimos meses. Na rolda de prensa previa ao encontro, o rexedor reiterou a súa petición de reducir o caudal ecolóxico a 150 litros/segundo, en lugar dos 450 que se están a verter na actualidade. Deste xeito, engadiu, a Xunta obriga ao Concello a malgastar case a metade do que se consume ao día na cidade, o que suporía, se se aforrara, abastecemento para quince días. Na súa opinión a negativa da Xunta é “inadmisible” tendo en conta que no ano 2011 si que accederon cando a situación non era tan grave como a de agora.

Tendo en conta que as previsións de choiva advirten de que non serán suficientes para paliar a situación, Caballero cualifica de “neglixente” a actitude da Xunta e traslada a preocupación que lle produce que a proposta de solución da Xunta sexa que a industria de Vigo reduza o seu consumo de auga. Neste punto, reiterou que é imprescindible construír un azud de emerxencia desde o Verdugo ata a presa de Eiras.