Caballero convocará a próxima semana a Xunta de Goberno da Área para tratar o transporte metropolitano

O ente supramunicipal “seguirá gobernando e defendendo os intereses cidadás”, segundo o rexedor, coa reunión do seu goberno o vindeiro martes ou mércores. O Concello vén de recibir a resolución na que a Xunta rexeita a inscrición da Área no Rexistro de Entidades Locais, un informe que “xuridicamente non se sostén”.
Publicado por o día 03/01/2017 na sección de Concello de Vigo

Caballero convocará a próxima semana a Xunta de Goberno da Área para tratar o transporte metropolitano

O alcalde deu conta da chegada ao Concello este martes do informe no que a Xunta de Galicia xustifica a negativa da inscrición da Área Metropolitana no Rexistro de Entidades Locais que, dixo, cuestiona a constitución do ente e a presidencia e que “non se sostén xuridicamente”.

Caballero referiuse a unha sentenza do Tribunal Supremo do Contencioso-Administrativo que, sobre as funcións do Rexistro de Entidades Locais, ditamina que “en ningún suposto é de control senón de mera constancia ou toma de razón, debendo imperativamente practicar a inscrición, salvo que se observe falta ou insuficiencia de datos”.

O rexedor vigués criticou este intento de “frear a Área Metropolitana” malia que o ente “están tan en funcionamento que mañá convocarei unha Xunta de Goberno para o próximo martes 10 ou o mércores 11” en función da dispoñibilidade dos seus membros. Así, o goberno da Área “seguirá gobernando e defendendo os intereses cidadás”, afirmou e abordará entre outras cuestións o transporte metropolitano na vindeira xuntanza.

Xunta de Goberno Local

O alcalde informou tamén da resolución por parte da Xunta de Goberno Local do expediente de axudas para atender as prazas ou espazos privados de uso público ao que o Concello destina un importe total de 32.000 euros para a comunidade de propietarios das rúas A Estrada número 4 e Padre Feijóo número 6.