O alcalde de Vigo denunciou hoxe mércores o intento do Concello de Mos de “anexionar” parte do termo municipal de Vigo, en concreto case 50.000 m2 no límite entre ambas localidades, no chamado polígono de O Rebullón. Tal e como explicou en rolda de prensa, o Concello de Mos notificou ao goberno local un acordo plenario para o inicio dun expediente de deslinde dunha parcela na que están instaladas unha vintena de naves empresariais. De feito, asegurou, existe un contencioso en marcha porque Mos leva anos cobrando o IBI a estas empresas, a pesar de que o seu Plan Xeral non as inclúe dentro do seus límites territoriais.
Caballero explicou que “de ningunha maneira” o Concello olívico vai tolerar esta “manifesta ilegalidade, case medieval”, ao tempo que lembrou que os límites municipais están fixados polo Instituto Xeográfico Nacional e polos propios plans de ordenación de cada municipio. Neste punto, anunciou que o goberno local trasladará a súa oposición tanto ao Concello de Mos como ao propio Instituto Xeográfico Nacional.
Noticias de última hora en Vigo