Caballero cualifica a candidatura das Cíes Patrimonio da Humanidade como a “crónica dun éxito conseguido”

Abel Caballero estivo hoxe xoves na feira internacional de FITUR promocionando a candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade para trasladarlle o seu valor ao todo o mundo. Durante o acto, o rexedor deu por iniciada de xeito oficial a andadura para conseguir esta distinción da Unesco.
Publicado por o día 19/01/2017 na sección de Concello de Vigo,Vigo

Caballero cualifica a candidatura das Cíes Patrimonio da Humanidade como a “crónica dun éxito conseguido”

Abel Caballero anunciou esta mañá na Feira Internacional de Turismo (FITUR) o inicio da andadura oficial para que as Illas Cíes sexan Patrimonio da Humanidade. Na súa intervención, explicou que estamos no momento de transmitir o que son as Cíes ao resto do mundo, unha forma distinta de concebir a natureza, unha mostra exepcional de desenvolvemento ambiental que leva millóns de anos formándose e que sempre contou co respecto e coidado de veciños e visitantes. Cualificou esta candidatura como “a crónica dun éxito conseguido” posto que xa cumpre varios dos requisitos que impón a Unesco.

Desde o Ifema, Caballero, que estivo acompañado pola presidenta da Deputación, Carmela Silva e outros alcaldes da provincia ademais de concelleiros de Vigo, revelou, que “as portas do ceo ás que chama o poeta Bob Dylan son as Illas Cíes”. Rematou a súa intervención agradecendo a investigadores e profesionais do sector turístico a súa presencia en FITUR e o seu respaldo porque “as illas que son de todos”.