A primeira edición do Super Bock Under Fest celebrarase en Vigo os días 23 e 24 de marzo con concertos de máis de 20 bandas nacionais e internacionais repartidos entre 10 salas diferentes da cidade. A idea do evento é traer á cidade a mellor música actual, con nomes nacionais e internacionais consagrados pero tamén promover novos talentos da escena galega e portuguesa.
Benjamin Clementine, cabeza de cartel e que triunfa en toda Europa, actuará o sábado 24 de marzo no Auditorio Mar de Vigo. Ao británico únense nomes como Simian Mobile Disco,The King Khan and BBQ Show, Myles Sanko, Rex The Dog, The soft Moon, Mounqup, Basanta, Romare, Capsula, Fuckaine, Australian Blonde, Soledad Vélez y Presumido.
O concerto de presentación protagonizarano as bandas Slowdive e Dead Sex este sábado 10 de marzo no Auditorio Mar de Vigo.
Bruno López, internacional Brand Manager de Super Bock Group, destacou que apostaron por Vigo “polo gusto musical da cidade” e asegurou que o festival, que ten intención de ser o primeiro de moitos, “será moi relevante para os vigueses e apoiará ás salas: conseguimos unha unión perfecta entre o concello de Vigo e unha marca”. De feito, aseguraron que xa se venderon numerosas entradas a persoas fóra de Galicia, sobre todo de Portugal, “o que axudará a promocionar a cidade”. Os organizadores do evento remarcaron ademais que o baixo prezo dos abonos, 30 euros, “non existe en ningún festival europeo”, o que lle fai accesible a todo o público.
Noticias de última hora en Vigo