O Concello de Vigo reformará o regulamento sobre o uso do transporte urbano para que as persoas con mobilidade reducida poidan utilizar as ramplas de acceso ao autobús público. Así o comunicou este venres o alcalde, Abel Caballero, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.
“Persoas con discapacidade, señora con andador… din instrucións taxativas e inmediatas á empresa para que as ramplas baixen de forma obrigada cada vez que alguén o solicite e que teña unha discapacidade visible, cun andador, xa nin digamos cadeira de rodas, alguén con muletas que non poida subir…”, sinalou o rexedor.
Caballero explicou que “vamos a reformar a ordenanza para facelo obrigatorio, de tal modo que a xente que o solicite poderá utilizar este sistema cunhas tarxetas para que sexa posible”.
Noticias de última hora en Vigo