Caballero dálle a benvida á cidade ao Standard Lieja

Publicado por o día 24/11/2016 na sección de Concello de Vigo,Deportes,Vigo

Caballero dálle a benvida á cidade ao Standard Lieja

Abel Caballero presidiu este xoves a recepción que o Concello ofreceu aos responsables do Celta, do Standard Lieja belga e da UEFA no Pazo de Castrelos con motivo do partido que enfronta aos dous equipos este serán en Balaídos.

Agardando a vitoria dos celestes no encontro, convidou aos representantes do equipo e da UEFA a coñecer a cidade e eloxiou o bo facer do Celta na súa andaina europea e tamén na Liga española.