Caballero defende aos medios “como elemento central que vertebra a democracia”

O alcalde olvídase do veto a Noticias Vigo desde fai máis de 5 anos.
Publicado por o día 22/11/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

Caballero defende aos medios “como elemento central que vertebra a democracia”

O rexedor diagnosticou esta mañá o “bo estado de saúde” dos medios de comunicación na actualidade aínda que recoñeceu que a necesidade de ir adaptándose a novos soportes. Negouse a proseguer nos “tópicos” que auguran o declive do papel dos medios, reivindicando a súa importancia “como elemento central que vertebra a democracia”.

Na súa opinión, a prensa reflicte a realidade desde distintos enfoques porque “son ouídos e voz, cos seus pros e os seus contras, narran o que pasa na realidade desde distintas perspectivas editoriais que deben ser respectadas desde o poder”. Nesta liña insistiu en que “se non hai medios libres, non hai democracia”.

Caballero inaugurou esta mañá as XXIX Xornadas Presente e futuro da comunicación en Vigo, nas que se analizou no papel dos medios de comunicación locais como factor de progreso na Comunidade. Organizadas por El Nuevo Lunes, na apertura deste encontro tamén participaron José Luis González, director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés e José García Abad, editor de El Nuevo Lunes.